EMALCSA abre na Casa da Auga unha nova oficina de atención ao público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Dentro do constante afán por mellorar día a día a atención aos seus clientes, a Empresa Municipal Augas da Coruña, EMALCSA, puxo a disposición de todos os cidadáns unhas novas instalacións de atención ao público. As dependencias funcionan desde onte, están situadas na Casa de Auga e ofrecen a novidade de que permiten aos usuarios e clientes o acceso directo desde a rúa Manuel Murguía sen necesidade de utilizar os espazos comúns ao conxunto da Casa de Auga, como sucedía até o momento.

Desta forma evítase a incomodidade que supuña o tránsito polo vestíbulo común a todas as instalacións públicas e comerciais, e a necesidade de empregar as escaleiras mecánicas ou os ascensores para chegar até a zona de atención ao público. As novas oficinas son, ademais, completamente accesibles para persoas con mobilidade reducida. EMALCSA pretende con estas novas dependencias mellorar a calidade e eficacia do seu servizo de atención a clientes e usuarios.

O horario de atención segue sendo o mesmo que até agora, é dicir, de luns a venres, de 8.00 a 14.00 horas. Ademais, EMALCSA mantén as súas vías de comunicación cos seus clientes a través da atención telefónica 24 horas no número 981 24 23 22, e mediante a oficina virtual en www.emalcsa.es para os titulares dun contrato de subministración.

22 de abril de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.