Electrodomésticos Penín é elixido como o establecemento favorito do Carballiño na campaña Máis que comercio!

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Carballiño
A-
A+
Entrega da distinción a Electrodomésticos Penín

Entrega da distinción a Electrodomésticos Penín

Os participantes na iniciativa Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de marzo nos establecementos asociados ao CCA do Carballiño elixiron como o seu establecemento favorito a Electrodomésticos Penín.

Este negocio, con preto de trinta anos de traxectoria e que emprega a sete persoas, foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían ao seu comercio preferido. A participación nesta iniciativa no centro comercial aberto do Carballiño foi moi elevada, chegando a rexistrase un total de preto de 10.000 participacións.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que foi a encargada de entregar o diploma ao establecemento máis votado, salientou que ademais de poñer en valor o traballo dos centros comerciais abertos, Máis que comercio!, que percorrerá Galicia durante todo o ano, desenvolvéndose cada mes nun centro comercial aberto, ten por obxectivo resaltar os valores do comercio de proximidade, como son a calidade, o trato ao cliente ou a variedade.
 

7 de abril de 2014 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.