Dous veciños da Estrada son imputados por furto nunha vivenda da localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaSucesos
A-
A+

A Garda Civil imputou a JM.C.V., de 39 anos de idade e a ML.A.J., de 51, ambos os veciños da Estrada,  como supostos autores dun delito de furto dunha cociña de ferro fundido, unha mesa de comedor e varias tubaxes dunha vivenda da localidade.

Estes feitos foron denunciados pola propietaria na Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Pontevedra o pasado día 21 de marzo pasado.

Unha vez se tivo coñecemento no Posto da Garda Civil da Estrada, compoñentes de devandito Posto iniciaron as correspondentes investigacións para o esclarecemento do referido feito delituoso.

Por mor destas investigacións, onte día 8, logrouse localizar e imputar aos supostos autores que tras as declaracións prestadas ante a Garda Civil quedaron en liberdade.

Os imputados, que contan con antecedentes policiais, terán que presentarse no Xulgado de Instrución número DOUS da Estrada, cando para iso sexan requiridos.

9 de abril de 2014 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.