publicidade hoxe

Dodro finaliza as obras correspondentes á mellora de medio ambente na Rede Natura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodro
A-
A+

O Concello de Dodro ven de rematar as obras correspondentes  á mellora de medio ambente na Rede Natura e que contaron nunha parte cunha achega da Xunta de Galicia. O importe destas obras achegáronse ata os 25.400 euros e invertíronse na sustitución de 70 metros de taxeas, que estaban prácticamente fundidas. Asímesmo, tamén foron retiradas 44 toneladas de verquidos incontrolados co que se mellorou considerablemente o entorno das Brañas de Laíño.

Por outra banda, na aldea de Imo levouse a cabo o fresado de 2.300 metros cadrados nas rúas para evitar os esbaróns a causa do pulido do formigón e que provocaba continuas caídas sobre todo ca choiva. Esta situación, que estaba a producir continuas queixas veciñais porque prácticamente non se podía camiñar sen evitar caerse,  viña repetíndose dende que foron feitas as obras nas rúas de Imo na lexislatura anterior a pesar de que xa durante a súa execución se advertira tando dende a oposición como por parte dos veciños das máis que posibles consecuencias. Para evitar o levantamento do firme optouse polo fresado do formigón, e que supuxo un desembolso de 11.000 euros para as arcas municipais.

22 de abril de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.