Doce xóvenes descobren como sacarlle partido aos equipos dos locais de ensaio
Doce mozos e mozas de diferentes idades participan esta fin de semana no curso “Ensaiando nos locais” organizado pola Concellería de Xuventude para aprender a manexar correctamente os equipos de son e instrumentos dos locais de ensaio municipais. A actividade é gratuíta e o seu obxectivo é que os usuarios saiban sacarlle o mellor rendemento posible aos medios dispoñibles e que, así como fomentar o coidado e conservación dos mesmos xa que ata o de agora sufrían avarías de xeito reiterado que supoñen un elevado custo para o Concello en concepto de reparacións e renovación de pezas. A Con esta actividade tamén se persegue fomentar entre a mocidade a cultura musical dun xeito máis profesionalizado.
O curso será moi práctico e desenvolverase en dúas sesións. A primeira celebrarase hoxe pola tarde (de 16 a 20 horas) e a segunda mañá, sábado (de 10 a 14 e de 16 a 20 horas). Serán dúas xornadas intensivas e prácticas nas que, Diego Basadre, monitor Titulado no Ciclo superior de Técnico de Son, explicaralles todos os trucos e técnicas para obter os mellores resultados dos equipos de gravacións, mesa de mezclas e instrumentos cos que contan os locais de ensaio.
Os alumnos abordarán aspectos relacionados coa afinación de instrumentos, uso e graduación de amplificadores e micrófonos, técnicas microfónicas, utilización de difusores e portas acústicas, backline, monitoraxe, preparación e montaxe dunha maqueta, diferentes soportes de gravación, novos formatos de edición e autoxestión e novas tecnoloxías de difusión. Todo elo apoiado de forma práctica cos medios e equipos dos propios Locais de Ensaio.











