publicidade hoxe

Diego Calvo asina un convenio para investir 300.000 euros na construción dunha gran área deportiva en Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaMiño
A-
A+
O presidente da Deputación, Diego Calvo, vén de firmar un convenio co alcalde de Miño, Jesús Veiga, polo que a institución provincial construirá novos equipamentos deportivos no concello.

Trátase dun área deportiva e de ocio a gran escala que incluirá dende canchas de baloncesto ata campos de fútbol, pistas de tenis e pádel e incluso un área reservada para o “skate”. Nesta primeira fase executaranse dúas pistas deportivas, unha de baloncesto e outra de futbito, así como unha senda de “running” de 286 metros de largo e dous de ancho na Galea, en A Regueira. Ademais, o firme das instalacións será de adherencia.

O proxecto ascenderá a 298.139,22 euros financiados ao 100% pola Deputación provincial. A actuación inclúe a construción de sumidoiros e pozos de rexistro, así como a rede de saneamento e de fecais, ademais do alumeado público. Por último, a área peonil estará flanqueada por bordes de formigón.

Durante a firma do convenio, o alcalde de Miño agradeceu á institución provincial “a súa contribución, non só nesta obra, senón en anteriores e nas futuras que xa temos en mente”.

A construción destas instalacións supón dar resposta a unha vella demanda veciñal debido á carencia deste tipo de infraestruturas no centro de Miño. “Todas as parroquias tiñan a súa, e aquí a pista polideportiva quedou desfasada”, sinalou Veiga.

Pola súa banda, Diego Calvo destacou a importancia do servizo que darán estes novos equipamentos á xuventude do municipio e de todo o concello. 

3 de abril de 2014 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.