Di Prego aposta polas Cancelas para a súa primeira tenda en Galicia

Di Prego no centro comercial As Cancela
O Centro Comercial As Cancelas, xestionado por Carrefour Property en Santiago de Compostela, incorporou recentemente a firma de moda Di Prego, coa que reforza a súa posición como referente do lecer e as compras en Santiago de Compostela e a súa área de influencia.
Fundada no ano 1989 e orientada á produción de camisería de deseño innovador, Di Prego inaugura nas Cancelas a súa primeira tenda en Galicia e a undécima da firma en España. A forza da marca radica no vínculo emocional que soubo establecer cos seus seguidores, que recoñecen as súas pezas e accesorios pola súa calidade, moda e diversidade a prezos moi axustados.
A incorporación de Di Prego vén completar a extensa oferta de firmas de moda deste centro comercial, no que podemos atopar as principais insignias do Grupo Inditex – Zara, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Pull & Bear, Lefties-, Primark, H&M, Sfera, Cortefiel, Benetton, C&A, Jack & Jones, Mayoral, Shana, Springfield, Suiteblanco, entre outras.
Acerca das Cancelas
Copropiedad de Carrefour Property e Realia, As Cancelas foi inaugurado en novembro de 2012 en Santiago de Compostela. Conta con máis de 50.000 metros2 distribuídos en tres plantas: na baixa sitúase un hipermercado Carrefour xunto con outros locais ocupados por firmas de recoñecido prestixio; a primeira planta alberga firmas de moda e complementos; e na segunda atópanse oito salas de cine e unha ampla e atractiva oferta de locais de lecer e restauración. Ademais, o centro dispón de 2.150 prazas de aparcadoiro gratuítas e tres liñas de autobús urbano que o comunican co centro da cidade: a C2, a C4 e a C11.











