Deteñen aos supostos autores dun delito de tentativa de roubo nun restaurante de Cerdedo
A Garda Civil detivo a M.I., de 22 anos de idade, a I.C.M. de 28, e a I.N.M., de 38, todos eles de nacionalidade romanesa e sen domicilio fixo en España, como supostos autores dun delito de tentativa de roubo nun restaurante de Cerdedo.
Na madrugada de onte, día 10, unha patrulla da Garda Civil do Posto de Cerdedo sorprendeunos “in fraganti” cando M.I., realizaba un butrón na parede do referido establecemento comercial.
Ante a presenza do coche patrulla da Garda Civil os outros dous que o acompañaban déronse á fuga, sendo detidos pouco máis tarde.
Os tres foron conducidos ás dependencias oficiais do citado Posto da Garda Civil para a instrución das correspondentes dilixencias.
Os detidos, con antecedentes policiais excepto M.I., serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número UN da Estrada.











