Deteñen a seis persoas relacionadas coas protestas do cerco en Santiago o pasado 11 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un total de seis persoas foron detidas en relación ás protestas do cerco do pasado 11 de marzo en Santiago de Compostela, que remataron nun enfrontamento dos manifestantes e os antidisturbios.

Segundo avanzaron fontes policiais, as detencións producíronse este luns, case un mes máis tarde dos acontecementos acontecidos nas rúas da capital galega.

Ese día, a grande manifestación para pedir a renegociación da repartición da cota da cabala e o xurelo desembocou no Parlamento de Galicia tras cambiar o seu percorrido. Fronte ao Pazo do Hórreo comezou a carga policial e o enfrontamento entre os axentes de intervención e manifestantes.

7 de abril de 2014 | 21:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.