publicidade hoxe

Deteñen a dúas persoas cando tentaban desmantelar unha nave no polígono industrial da Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal PortadaSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a A.S.H. de 49 anos de idade e veciño do Porriño e a CF.D.M., de 48 e veciño de Portugal,  como supostos autores dun delito de tentativa de roubo nunha nave industrial, actualmente carente de actividade, do polígono da Cañiza.

Os feitos sucederon na tarde do día de onte, cando unha patrulla de Seguridade Cidadá do Posto da Garda Civil da Cañiza sorprenderon no interior da referida nave aos dous detidos que estaban a desmantelar a instalación da mesma, utilizando para iso unha bombona de osíxeno e outra de butano, un soplete e unha pata de cabra, todo iso sen a autorización dos propietarios da nave.

Por todo iso procédese á súa detención e incautación do material empregado polos mesmos para a comisión do delito, sendo conducidos ás dependencias oficiais do referido Posto da Garda Civil para a instrución das correspondentes dilixencias.

Os detidos, que carecen de antecedentes policiais, serán postos a disposición do Xulgado de Instrución de Garda dos de Ponteareas.

30 de abril de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.