Desprazamento a Madrid para ver ao Rio Natura Monbus ante o Tuenti Móbil Estudiantes
Monbus, membro do Club de Empresas Obradoiro, porá autocares a disposición dos afeccionados para que acompañen ao equipo na súa visita á capital o vindeiro domingo 4 de maio. Os santiagueses enfrontaranse no Palacio dos Deportes da Comunidade de Madrid (18.30 horas), ao Tuenti Móbil Estudiantes co obxectivo de lograr unha vitoria que sele matematicamente a súa continuidade na máxima categoría do baloncesto español.
O prezo da viaxe (desprazamento + entrada) é de 30 euros para o público en xeral, 25 euros para os abonados e/ou accionistas e 20 euros para os peñistas. No caso de só necesitar entrada, o prezo é de 10 euros (Fondo B – planta segunda).
A saída da expedición está prevista para a mañá do domingo día do encontro ás 8:00 a.m horas desde o Multiusos Fontes do Sar e o regreso efectuarase á conclusión do encontro (21:00 horas aproximadamente).
Todos os interesados no pack (viaxe e entrada ou entradas soltas) poden anotarse nas oficinas do club (Multiusos Fontes do Sar, Rúa Diego Bernal s/n) desde este mesmo luns 28 ata o venres 2 de maio, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, na Tenda Oficial “Miudiño Store” en Área Central (mércores de 17 a 22 horas) ou a través do correo electrónico abonados@obradoirocab.com ata o venres ás 14 horas (Suxeito a formación de grupo de 40 prazas mínimo e en rigorosa orde de inscrición).
As inscricións a través do correo electrónico deberán facer o pago por transferencia bancaria.
Información e reservas: (981 558 448) – abonados@obradoirocab.com – O pago realizarase nas oficinas do club e terán de prazo ata o venres 2 de maio ás 14 horas.
Consegue unha entrada para o Rio Natura Monbus – Cajasol
Todos os seguidores do Rio Natura Monbus que viaxen á capital e adquiran o pack (viaxe+entrada), disporán doutra entrada adicional para o partido que o equipo disputará no Fontes do Sar ante o Cajasol o xoves 8 de maio, ás 20.15 horas.











