Derrota dolorosa para Os Ingleses que tras perder o primeiro partido en pretemporada non coñeceu a derrota ata hoxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

Case 9 meses invictos nunha tempada para lembrar, no que o Rugby volveu ilusionar a Vilagarcía.

O partido disputar no mítico Pepe Rojo cunha bancada case repleta na que a afección inglesa deu o do de peito e animou ao equipo ata o último minuto.

O partido arrincou con moitos nervios, os nervios que non apareceran durante a semana fixeron acto de presenza co asubío inicial.

A inseguridade e os nervios na terceira cortina onde os valisoletanos envorcaron o xogo provocaron  que se adiantasen con dous ensaios. Só Pintos cun golpe de castigo mantivo ao equipo dentro da eliminatoria para chegar ao descanso cun esperanzador  17 a 3, só con catro puntos de desvantaxe no global da eliminatoria.

Na segunda parte Os Ingleses saíron a por todas esperando que os locais se desfondasen como no partido de ida, pero o Salvador en Valladolid non foi o mesmo que xogou en Villagarcia e moi reforzados por xogadores do primeiro equipo, que non tiñan partido este fin de semana, foron moito mellores, impuxéronse aos poucos logrando dous ensaios case consecutivos en contraataques.

A partir de hoxe Os Ingleses vendo que se lles escapaba a eliminatoria baixaron os brazos e os casteláns leoneses remataron aos galegos. 51-3

O xoven Juan Ramos volveu ser o mellor e anoto dous ensaios chegando a anotar 28 puntos sen fallar nin un só intento a paus.

Só a calor do público galego que non deixo de animar fixo que o orgullo de Os Ingleses sa reavivará e despois de dominar os últimos minutos  conseguise o ensaio definitivo obra de Gamba.

Bágoas en case todos os xogadores Ingleses co asubío final, bágoas non pola derrota senón pola ilusión que depositaran nunha Fase de Ascenso que foi o premio a unha das mellores tempadas dos ingleses.

A resaltar as felicitacións de todos os afeccionados, directivos, xogadores e árbitro polo gran esforzo, a imaxe de equipo e sobre todo pola ilusión  demostrada.

David Losada: “ Estou orgulloso, sei que todos están orgullosos. Foron mellores e gañaron, isto é rugby e o rugby é así, como a vida. As bágoas de hoxe son de tristeza, dentro duns días lembraremos o día de hoxe con orgullo.”

Norm Maxwell: “ Sodes un equipo cunha conexión especial, sodes unha inspiración para Galicia e unha inspiración para min”

Hai que destacar a colaboración de VITALDENT sen o cal esta fase de ascenso fose moi complicada. Como noutras ocasións axudaron facendo posible tentar a proeza que non puido ser.

Aliñación: Gamba, Lema (Tiago) , Sito (Morris), Hache, Diego, Uru (Edgar), Joaquin (Dorro), Gambita (Chiwi), Jairo (Chester), Cachopo, Comendador  (Breixo), Biris, Harry, Pintos (Afasto) e Bosníaco.

27 de abril de 2014 | 20:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.