publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deputación de Lugo e Concello de Pontenova impulsan un ano máis a Festa da Troita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PontenovaAxenda e CulturaLugo
A-
A+

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, xunto co Alcalde do Concello da Pontenova, Darío Campos, acompañados polo Presidente da Asociación Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, presentaron este martes no Salón de Actos da Deputación a XXXVI Festa da Troita da Pontenova, que se celebrará os días 30 de abril e 1 de maio no municipio pontenovés.

A Vicepresidenta subliñou que o apoio a esta iniciativa responde a que se trata dun importante revulsivo económico para o Concello da Pontenova e para toda a zona na que se inscribe, xa que “non só resulta ser un evento capaz de atraer visitantes á zona nun momento puntual, senón que tamén sitúa á Pontenova no mapa turístico, ó ofrecer a posibilidade de practicar a pesca fluvial a afeccionados procedentes de Galicia e doutras Comunidades”.

Nesta liña, Méndez destacou o feito de que este evento conte cos distintivos de Festa de Interese Turístico Galego e Interese Turístico Deportivo Nacional, “o que dá boa mostra do potencial que esta celebración ten”. De feito, o número de practicantes aumenta de ano en ano; de feito, no 2013 o número de licenzas de pesca deportiva aumentou nun 4% con respecto ó pasado ano, sumando preto de 64.000, “ó que dá boa mostra das posibilidades de desenvolvemento económico para o rural que supón poder ofrecer condicións excepcionais para a práctica desta actividade”.

Hai que destacar que Lugo non só é a provincia galega que conta co maior número de cotos de pesca, 58 dos 144 existentes, e que suman 472 quilómetros para practicar a pesca, senón que tamén conta co maior número de tramos aptos para a modalidade de pesca sen morte, 21 dos 57 tramos galegos.

Pola súa banda, Darío Campos, ó igual que Rois Freijo, quixo agradecer a renovación da axuda do organismo provincial, “sen a que esta festa non podería tería celebrado trinta e seis edicións”

Programación de actos

A cita desenvolverase durantes os días 30 de abril e 1 de maio, e arrincarán oficialmente co pregón que pronunciará o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o día 30 de abril ás 21:00 horas.

Nacida no ano 1978, este ano a festa contará cos tradicionais certames de troita e salmón, que xa teñen todas as prazas cubertas para concursar, ademais da entrega pública dos tradicionais galardóns honorífico “Troita de Ouro”; competicións deportivas, degustacións gastronómicas e actuacións musicais.

29 de abril de 2014 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.