David Amor presentará en Cedeira o seu último show “Fóra de sitio 3.0”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCedeira
A-
A+

O coñecido humorista galego David Amor regresará este sábado, 3 de maio, a Cedeira para presentar ao público o seu último espectáculo: “Fóra de sitio 3.0”. Será a partires das 21 horas no Auditorio Municipal e aqueles interesados en disfrutar dos monólogos deste artista, habitual do medio televisivo, poden reservar as súas entradas na Oficina Municipal de Turismo ou chamando ao teléfono 649 876 614. O prezo é de sete euros.

David Amor está triunfando por toda a xeografía nacional con “Fóra de sitio 3.0”, grazas ao seu humor fresco, actual e con esas doses de retranca que tan só el é quen de darlle aos seus monólogos.

O artista galego é un rostro habitual da pequena pantalla, grazas á cal acadou unha importante sona, participando en programas da canle autonómica como “O rei da comedia”, “Supermartes”, “Luar” ou “Supermaster”, no que exerceu como presentador. Máis recentemente, tamén tomou parte de “El Club del Chiste” nunha cadea de ámbito nacional. Sen dúbida, David Amor garante unha noite de bo humor.

28 de abril de 2014 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.