Curso oficial de primeiros auxilios en Poio
O Concello de Poio, a través da concellaría de xuventude-OMIX organiza un curso oficial de “ PRIMEIROS AUXILIOS” cunha duración de 40 horas lectivas . O obxectivo xeral deste curso é o de capacitar ao alumnado para desenvolver correctamente unha actuación ante unha urxencia e inclúe como específicos: facilitar a adquisición de coñecementos ou mesmo melloralos en actuacións de primeiros auxilios así como capacitar ás persoas que participen no mesmo para seguir unhas pautas de actuación ante unha emerxencia.
O vai a impartir persoal de Cruz Vermella, de formarse grupo, do 2 ao 13 de xuño, de luns a venres, en horario de 16.30 a 20.30 h. e o remate do mesmo se lles fará entrega aos/ás asistentes dun diploma acreditativo .
Os contidos do curso son bastante amplos, abarcando entre outros: aspectos xerais do socorrismo, a autoprotección e seguridade nas intervencións,hemorraxías e shocks, feridas e contusións, queimaduraas e outras situacións de urxencia….
Para inscribirse cómpre achegarse ata a OMIX ubicada no centro social do Concello ou chamar ao tfno.: 986872401 para solicitar máis informacion.
O coste desta actividade formativa é de 75€ para as persoas empadroadas no concello e de 100€ para as de fóra, tendo preferencia @s nos@s veciñ@s.Ofértanse un total de 20 prazas.











