Curso de ofimática en Nigrán para desempregados
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de accións formativas para os veciños do municipio, ten prevista a realización no mes de maio dun curso de “Ofimática”, dirixido prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas en Nigrán, que queiran mellorar os coñecementos nesta área, de tanta importancia actualmente para mellorar o perfil profesional cara á busca de emprego.
Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena, na Rúa Otero Pedrayo, nº 52, se desenvolverá do 5 de maio ao 11 de xuño, os luns, mércores e venres, en horario de 10.00 a 13.00, estando aberto o prazo de inscricións do 7 ao 23 de abril.
As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena Municipal e no Departamento de Emprego de Nigrán e achegando copia do CNI e do CV.











