Curso de cultivos en patios e terrazas en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A OMIX, servizo integrado na concellaría de Xuventude, organiza un curso intensivo de 8 horas de duración, adicado a aprender os trucos e as técnicas necesarias para obter unha boa colleita nas nosas terrazas, patios ou balcóns.

Segundo os técnicos que van a impartir estas xornadas,da empresa Ventos-Estudos Ambientais, estas prácticas  permiten achegar á poboación urbana os ciclos dos vexetais comúns así como a producción de alimentos e prantas ornamentais dun xeito sá e ecolóxico e melloran, substancialmente, o aspecto ambiental e paisaxístico das nosas cidades.

Ademais deste obxectivos xerais, o que se pretende co mesmo é mellorar os coñecementos sobre cultivos e manexo de todo tipo de prantas.

Vai dirixido a un público xeral que estea interesado en coñecer prácticas de agricultura ecolóxica e o uso das prantas para o seu balcón ou terraza e se tocarán temas diversos como: fundamentos da agricultura ecolóxica, manexo do solo e a súa fertilización, a compostaxe, a escolla de especies e variedades(rotacións e asociacións), manexo de acolchados, auga e rego……

Os contidos do curso se desenvolverán en 4 sesións, os martes de 19.00 a 21.00 horas, no Centro Social, dando comenzo(de formarem un grupo) o día 13 de maio e rematando o día 3 de xuño.

25 de abril de 2014 | 10:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.