Curso de Cociña Itinerante en Vila de Cruces
A Concellaría de Presidencia e Benestar Social conxuntamente coas distintas Asociacións de Mulleres Rurais do Concello de Vila de Cruces, organizan un curso de cociña itinerante.
Estes cursos terán lugar nos meses de marzo, abril, maio e xuño por distintas parroquias, conforme á programación.
A actividade é gratuíta e está dirixida a homes e mulleres.
O prazo de inscrición é até o venres anterior á xornada en cada lugar e deberá facerse no concello ou a través da asociación de mulleres de cada parroquia.











