Curso de carretilla elevadora na Guarda
A OMIX dependente da Concellería de Xuventude do Concello da Guarda, organiza curso de carretilla elevadora, dirixido a poboación do municipio. Para este curso todas as persoas interesadas deberán pasar pola OMIX e recoller unha solicitude específica e entregala no rexistro municipal xunto a un curriculum, copia do DNI e copia da tarxeta de desemprego, de ser o caso.
O prazo para inscribirse no curso será dende o día 21 ata o 30 de abril de 2014











