publicidade hoxe

Cultura no Camiño leva a Cambados a actuación de María do Ceo e Mamá Cabra no verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

A fadista María do Ceo e o grupo de música infantil Mamá Cabra ofrecerán concertos en Cambados, o 27 do San Xoán e o 29 de agosto, respectivamente, tras acadar o Concello o programa Cultura no Camiño que promove Agadic en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia. As datas foron elixidas coa intención de deslocalizar estas actividades para que non se solapen a outras propostas culturais acadadas polo Concello como o de Música con DO ou o de Ler Conta Moito.

Cambados beneficiase de ambos programas con actuacións músicais como as de Kiko Veneno, De la Fe y las Flores Azules, Cristina Rosenvinge, Paco Charlín (Música con DO), e actividades como o obradoiro de banda deseñada do Xabarín club ou Títeres Cachirulo (Ler Conta Moito). Os concertos e actuacións musicais serán case todos ó aire libre e de balde ata completar os aforos.  Respecto ás actividades infantís, como ven sendo habitual e coa intención de reproducir as mesmas no centro e mais nas parroquias, celebraránse nos centros culturais  de Corvillón, Castrelo, Oubiña e Vilariño, ademais da biblioteca Casa dos Fraga.

Tal e como indican as bases de participación no programa Cultura no Camiño, os concellos de menos de 20.000 habitantes teñen que aboar o 50 por cento de cada un dos cachés (impostos engadidos) dos grupos e compañías, mentres que o restante 50% correspondéndolle á administración autonómica.

2 de abril de 2014 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.