publicidade hoxe

Culleredo súmase á celebración do Día Mundial da Fotografía Estenopeica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+

O Concello de Culleredo súmase á celebración do Día Mundial da Fotografía Estenopeica (World Pinhole Photography Day). Con este motivo, realizaranse as seguintes actividades durante o próximo fin de semana:

SÁBADO 26 DE ABRIL

Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, de 10.00 a 13.00 horas.

Taller de Fotografía Estenopeica. A finalidade deste taller é que cada asistente fabrique a cámara estenopeica que usará o día 27.

Material necesario: calquera recipiente que se poida facer estanco á luz (caixa, lata,…) sen límite de tamaño ou forma, preferiblemente que non sexa de plástico. Si non se dispón de ningún, haberá algún a disposición dos asistentes.

É un taller familiar, polo que pode asistir calquera neno ou adulto, pero por temas técnicos os menores de 12 anos deberán asistir acompañados dun adulto.

É necesario inscribirse. Límite de 25 prazas. Pódese facer nos seguintes contactos: por correo electrónico a jmeizo@gmail.com ou por teléfono no 616770417.

DOMINGO 27 DE ABRIL

Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, de 10.00 a 14.00 horas.

Xornada de portas abertas: calquera persoa interesada pode achegarse e divertirse coa fotografía estenopeica. Os asistentes ao taller do día anterior usarán as súas propias cámaras, ao resto dos asistentes prestaráselle unha cámara estenopeica a escoller.

Igual que no caso do taller, os menores de 12 anos deberán asistir acompañados dun adulto.

As fotografías tomadas o día 27 subiranse á páxina web www.pinholeday.org cos datos das persoas participantes.

23 de abril de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.