Cubertas todas as prazas da Guarda para a andaina Pozas de Melón – Termas de Prexegueiro
Xa non quedan prazas para a segunda andaina do Concello da Guarda, programada para este sábado, 5 de Abril. Máis dun centenar de persoas procedentes de diferentes zonas da comarca participarán nesta andaina, na que percorrerán as Pozas de Melón.
Dende esta localidade ourensá subirán polo río Cerves para contemplar as fervenzas. Chegados a Tourón, baixarán ata o mosteiro de Melón, parada obrigatoria para visitar a igrexa e os claustros circenses. Continuarán hasta Penavaqueira, monumento adicado ó emigrante, para rematar a ruta nas Termas de Prexegueiro.
Aqueles que o desexen poderán acceder ás termas privadas, por un custo de 5,50 € (4,90 € nenos e pensionistas), nas que precisan bañador, chanclas e toalla.
RECOMENDACIÓNS:
– Mochila con menos de 5kg e bastón
– Sempre provisto de auga
– Bocadillo ou comida
– Chocolate, froitos secos…
– Chaleco reflectante
– Calzado cómodo e elástico
-Gafas de sol e crema protectora
– Impermeable (con previsión de mal tempo)











