Costas comunica ao Concello de Cedeira o inicio dos traballos de acondicionamento da praia da Magdalena
A Demarcación de Costas de Galicia informou ao Concello de Cedeira do inminente inicio dos traballos de acondicionamento na praia da Magdalena. Así, unha vez remate a Semana Santa, os operarios comezarán as labores previstas este luns, 21 de abril, tal e como se comprometera o xefe do departamento, Rafael Eimil, nun recente encontro de traballo co alcalde da vila, Luis Rubido, e máis representantes do pósito local, como o patrón maior, Agustín Pérez. A actuación, que conta cun orzamento cercano aos 250.000 euros, prolongaráse por espazo dun mes aproximadamente e, con ela, preténdese minimizar os danos ocasionados no areal polos últimos temporais, constantes no último inverno.
As tarefas permitirán a protección do sistema dunar dende a súa mesma base mediante a colocación de rollizos de madeira de 2,5 metros ubicados no interior da propia duna –conseguindo un impacto visual nulo– e que funcionarán como vigas elásticas. No seu conxunto, os troncos actuarán como unha liña de defensa fronte ao mar. Así mesmo, realizaránse aportacións de area para nivelar o talud.
Con esta primeira intervención búscase blindar a permanencia das dunas durante anos e o acondicionamento da praia de cara a época estival sobre todo dada a súa importancia para a economía da vila dende o punto de vista turístico. Unha actuación ambiciosa tanto por obxectivos como por orzamento.











