Cortes de tráfico nas rúas compostelás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Sábado 12

O sábado 12 pecharase ao tráfico a rúa das Hortas desde as 7:00 ás 9:00 horas. Os vehículos que procedan da rúa da Trinidade sairán pola rúa Carretas e os que veñan desta continuarán pola rúa Domingo García – Sabell.

Domingo 13

O vindeiro domingo 13 de abril a rúa Doutor Teixeiro permanecerá cortada no seu primeiro tramo (ata o cruce da República do Salvador) entre as 7:00 e as 20:00 horas como consecuencia da desmontaxe dunha torre grúa á altura dos números 4-6.

Os usuarios dos garaxes do primeiro tramo da rúa Doutor Teixeiro accederán aos mesmos en dirección contraria, entrando por República do Salvador.

Luns 14

Por mor das obras de canalizacion de gas nas rúas Bermejo e Ponte Pereda, é preciso pechalas ao tráfico a partir do día 14 de abril e ata o 7 de maio. Iniciaranse as obras dende a rúa Ramón Baltar cara a rúa do Penedo. Permitirase o acceso aos residentes

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Restricións circulatorias por mor das procesións de Semana Santa

Venres 11: con motivo da saída da procesión da Virxe das Dores (21.00 h) prohíbese o estacionamento na praza de San Miguel, na parte superior da praza da Inmaculada e na saída da rúa Moeda Vella.

Luns 14: quedará prohibido aparcar na praciña da rúa Travesa, onde a Igrexa de Santa María do Camiño, para permitir a procesión da Humildade (saída ás 21.30 h).

Martes 15: estará cortado o tráfico na rúa Tránsito da Mercé e Fonte de Santo Antonio durante o paso da procesión do Santísimo Cristo da Paciencia (saída ás 21.00 h). Tamén haberá cortes puntuais no percorrido da procesión oración do Horto e Prendemento (San Francisco, Carretas, San Fructuoso, Trinidade, San Clemente, subida de San Clemente, Rodrigo de Padrón e Faxeira). Hora de saída: 22.30 h.

Xoves 17: estará prohibido aparcar na praza de San Agostiño para permitir a procesión de Xesús Flaxelado (Saída ás 23.30 h).

Venres 18: prohíbese estacionar en San Miguel dos Agros e marxe dereita, según sentido da circulación, da rúa Hospitaliño, polo paso da procesión do Santo Encontro. (Saída ás 10.30 h). Para permitir a procesión da Quinta Angustia (18.00 h) prohibirase estacionar nas inmediacións da capela.

Sábado 19: con motivo da procesión dos Irmáns prohíbese estacionar nas rúas Concepción Arenal e García Blanco. (Saída ás 19.30 h).

Domingo 20: polo paso da procesión do Santísimo Cristo da Paciencia (saída ás 11.00 h) haberá cortes de tráfico entre a praza do Obradoiro e Conxo.

Ademais do anterior, poderanse producir cortes puntuais de circulación no paso das procesións. O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

10 de abril de 2014 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.