Corenta cativos de Oroso conmemoran o Día do Libro co contacontos “O soño do rato”

Día do Libro en Oroso
Un total de corenta nenos e nenas de Oroso, de entre 3 e 8 anos de idade, participaron na tarde de onte mércores nunha sesión especial de contacontos organizada polo Concello de Oroso para conmemorar o Día a do Libro. O salón de actos do centro cultural de Sigüeiro acolleu “O soño do rato”, un contacontos narrado por Olga Abad e que mesturaba sombras chinesas, manipulación de obxectos e narración oral.
Durante algo máis de 40 minutos, os pequenos disfrutaron coa historia de César, un rato que tivo que superar os seus medos para cumprir o seu gran soño: viaxar no tren que transporta libros para a biblioteca. Unha sesión especial de contacontos organizada polo Concello de Oroso en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.











