Convocatoria das bases reguladoras para a concesión de subvencións a clubs deportivos
Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.
Estas axudas teñen por finalidade fomentar a promoción do deporte galego no seu ámbito deportivo- competitivo e no deporte en idade escolar.
Obxecto de financiamento destas axudas serán, os gastos derivados da participación por parte das entidades e clubs en competicións oficiais do ano 2013 e no caso de agrupacións deportivas escolares os gastos pola participación na campaña de deporte escolar (Xogade).
Prazo é ata o 15 de maio de 2014











