Convócase a xunta de portavoces para abordar a defensa dos xulgados en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Hoxe convocouse aos voceiros dos diferentes grupos políticos con presenza na Corporación Municipal para a celebración dunha Xunta de Portavoces para acordar unha resposta conxunta ao novo anteproxecto de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial que entre outras cousas recolle a supresión do partido xudicial de Cangas para centralizar os xulgados na capital de provincia. Con esta xuntanza, que terá lugar mañá ás 13.45 horas na Casa do Concello, buscarase amosar un amplo consenso político entorno a defensa dos xulgados en Cangas que están compostos na actualidade por tres xulgados de primeira instancia e de instrución.   

Neste sentido expresouse recentemente o alcalde de Cangas José Enrique Sotelo afirmando que “as Administracións deben estar próximas e ao servizo dos cidadáns” ademais de calificar o anteproxecto como “prexudicial” e “de falta de rigor” por non ter en conta a realidade demográfica, social e económica da comarca.

9 de abril de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.