“Contos do Guá” entre as propostas culturais para a fin de semana en Rianxo
CONTOS DO GUÁ – CONTOS EN FAMILIA – Auditorio de Rianxo – venres 25 abril de abril
Organizado polo C.R.A de Rianxo e dirixidos a escolares e familias das distintas escolas unitarias que conforman o CRA. Realizaranse 2 pases en horario de mañá. Narración a cargo de TERO RODRÍGUEZ e acompañamento musical a cargo de HELENA DE ALFONSO e JOSÉ LARA (Barahunda)
Que é Guá!?
– Un proxecto artístico multidisciplinar, que nesta ocasión funde música e conto, e que, con moita beleza, complicidade e sentido do humor, nos axuda a valorarnos e a reivindicar o poder de decisión sobre o noso corpo e, por extensión, sobre a nosa vida.
A que público vai dirixido?
– A protagonista deste conto é unha nena que vemos madurar en escena, pero este non é un conto infantil. É un conto para todas as idades, porque calquera vai gozar dos seus valores, da súa delicadeza, tenrura e comicidade. Non obstante, para as crianzas recomendamos a súa recepción en compañía dunha persoa adulta, porque Guá! vai permitir ás familias abrir debates e fortalecerse.
Que temática se vai tratar?
– O grande tema de Guá! é o poder de decisión sobre si… E todo o que isto implica: respecto, autoestima, cariño, protección, valentía, habilidades sociais… Ao mesmo tempo advírtenos sobre os perigos da condescendencia, do sentimento de culpa, do silencio.
Guá! non vai deixar a ninguén indiferente. Algúns sentiranse cautivados pola delicadeza de Guá!, outros pola súa crudeza, haberá quen sufra, e quen chore, tamén quen ría; os máis, gozarán. Quen veña, falará de Guá! Faise con esa intención.
SLAM FERVE A LINGUA (3º Fase) – Slam Revolución – Casa Isolina – Taragoña – venres 25 abril de abril – 22.30 h 3ª Fase do Slam, FERVE A LÍNGUA, que organizado pola Área de Cultura, e conducido por Esther Carrodeguas, se iniciou o pasado mes de febreiro. Nesta fase a temática proposta é a REVOLUCIÓN.
PASTOREANDO ALEGRÍAS – Contacontos familiar con CARMEN DOMECH – Biblioteca Pública Municipal Castelao – Sábado 26 abril – 12.00 h Actividade dirixida a nenos e nenas a partires dos 3 anos e os seus familiares, no marco do programa LER CONTA MOITO, promovido pola Xunta de Galicia a través da Rede Galega de Bibliotecas.
EXHIBICIÓN DE CAOPEIRA – Exhibición benéfica de capoeira a favor do Pobo Saharahui – Auditorio de Rianxo – Sábado 26 abril – 17.00 hActividade organizada por SOGAPS (Sociedade Galega de Axuda ao Pobo Saharahui) en colaboración co grupos AGDA CAPOEIRA. Suxeito ao abono de entrada 1 euro / ou colaboración con 1 kg de alimentos non perecedeiros.
CONCERTO DE CLARINETES – a cargo da Ensemble de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo – Auditorio de Rianxo – Sábado 26 abril – 20.30 h
Organizado pola Escola de Música de Rianxo, dentro da programación conmemorativa do seu XI Aniversario.
FESTIVAL ANTROSPINOS MIUDO – Campo de Arriba – Rianxo – Sábado 26 abril – 22.00 h
Festival organizado pola Asociación FESTIVAL ANTROSPINOS coa participación dos grupos HABELAS HAINAS, NOITE FECHADA, TARDEPIACHES. Amenizado tamén por un PICADISCOS.











