Continúa o programa de seguimento das novas promesas da Federación Galega de Piragüismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+

Tras a primeira fase de concentracións realizadas ata o Campionato de España de Fondo, a Federación Galega de Piragüismo continúa co programa de seguimento das novas promesas categoría cadete e infantil A, que é dirixido polo técnico Juan Pardo González e coordinado pola Comisión Técnica da federación.

Como continuación dese programa de seguimento, durante a pasada Semana Santa realizáronse tres concentracións de seguimento de deportistas das categorías cadete e infantil, nas que participaron 23 padexeiros (8 kayakistas homes, 7 mulleres kayakistas e 8 canoístas).

Nestas xornadas de adestramentos conxuntos o principal obxectivo é axudar ás novas promesas na súa formación, adestrando periodicamente durante toda a tempada e complementando así a súa principal formación, que é a que levan a cabo nos seus propios clubs.

Cabe apuntar a implicación e o alto interese mostrado por todos os deportistas participantes.

O Programa de Seguimento non está pechado, senón que sempre está aberto á incorporación de novos deportistas que tanto os clubs como a comisión técnica consideran que puideron alcanzar o nivel adecuado para unirse aos adestramentos.

O seguimento dos técnicos da Federación Galega de Piragüismo e o constante diálogo cos clubs permite seguir convidando a participar a deportistas que ata o momento non tiveran a oportunidade de facelo.

Desde a Federación Galega de Piragüismo agradécese a todos os deportistas, aos pais e nais e aos clubs a alta participación e a colaboración mostrada durante as xornadas. 

30 de abril de 2014 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.