Contacontos de Marisa Irimia para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil en Neda
A narradora Marisa Irimia deleitará este venres en Neda a nenos e maiores co seu contacontos “Contos dende o planeta Chis”. Trátase dunha sesión especial do programa “Lesme un conto?” prevista polo Concello para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Así, a sesión dará comezo a partires das seis da tarde na Biblioteca Municipal da real vila e a entrada é libre e gratuíta.











