Consenso entorno á defensa dos xulgados en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Hoxe ás 13.45 horas tivo lugar na Casa do Concello unha Xunta de Portavoces no que se abordou como único punto a posición do consistorio sobre o novo anteproxecto de lei de reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial na que os voceiros dos diferentes grupos políticos acordaron a seguinte declaración institucional:

“A supresión do Partido Xudicial de Cangas suporía un grave prexuízo social e económico para a poboación de Cangas Moaña e Vilaboa, dunha área de máis de 50.000 habitantes, porque afastaría a Administración dos administrados, cando a acción política debe ter como obxectivo todo o contrario.

Os Grupos Municipais de Cangas, por unanimidade rexeita o anteproxecto de lei e esixe que se manteña o Partido Xudicial de Cangas que conta, despois dun gran esforzo da propia Administración, coa infraestructura e persoal necesarios para atender máis de 10.000 casos anuais”.

10 de abril de 2014 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.