‘Concurso de tapas’ e ‘Pasaporte Gastronómico’ dentro do territorio de Puertas de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Co obxecto de promocionar o territorio Verín e Conso-Frieiras como unha alternativa de lecer e turismo gastronómico, o Plan de Competitividade Puertas de Galicia promove dous eventos gastronómicos que terán lugar entre o 11 de abril e o 04 de maio: ‘Concurso de tapas’ e ‘Pasaporte gastronómico’. Todo co fin de  gozar das comarcas de Verín e Conso-Frieiras e coñecer de cerca a oferta gastronómica en 42 restaurantes, adegas e comercios que elaboran produtos da terra.

– “Concurso de Tapas”: Hai que entrar no Facebook.com/puertasdegalicia e votar a tapa favorita, que serán servidas no restaurantes e bares participantes nesta iniciativa. Entre os/as votantes sortearase un paquete gastroturístico “Puertas de Galicia” para dúas persoas (unha estancia con aloxamento e almorzo no Parador de Verín-Monterrei máis un menú degustación 4 Estacións en O Souto das Candeas de Verín). O/A gañador/a coñecerase o martes 06 de maio.

– “Pasaporte Gastronómico”: Participar é moi sinxelo, e o obxecto e premiar aos/as consumidores/as que se aproximen aos establecementos participantes. Se es maior de idade, hai que recoller o Pasaporte en calquera dos establecementos do listado, e conseguir 10 selos de diferentes establecementos por unha compra, estancia ou consumición. Ao finalizar, entrégase completo en calquera dos establecementos ata o domingo 04 de maio e participase no sorteo de 40 regalos de Puertas de Galicia: estancias, menús degustación, produtos de alimentación, viños e obsequios promocionais de Puertas de Galicia. Cantos máis se cubran, máis posibilidades existen. O sorteo terá lugar o 08 de maio. Os resultados publicaranse no facebook.com/puertasdegalicia e contactarase cos/coas gañadores/as para facer entrega dos regalos.

Ademais, e dentro desta iniciativa englobada no proxecto ‘Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia’, tamén se desenvolverán os menús da tempada de primavera, elaborados con produtos tradicionais da zona e estación, do mesmo xeito que se realizou o de inverno e outono.

10 de abril de 2014 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.