Comezan as tarefas de bacheo de varias rúas do Concello de Cangas
Esta mañá comezaron a realizarse as actuacións de bacheo en diferentes puntos do concello de Cangas, que teñen como finalidade mellorar e reparar o estado das e estradas e camiños do noso municipio, polos que a diario circulan centos de vehículos.
Este bacheo é posible grazas a maquinaria, material e persoal cedidos pola Deputación de Pontevedra que estará dispoñible en Cangas ata o vindeiro 15 de abril.
A primeira das zonas nas que se actuou foi a baixada á praia de Areamilla, e continuarase na Avenida de Pontevedra e o Piñeiro en (Darbo). Está previsto que mañá martes se acometa o bacheo de rúas cénticas e da calle Noria.











