Comeza o taekwondo escolar na modalidade de combate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+

Este sábado 26 de abril (a partir das 10:00 horas) celebraranse as fases provinciais do taekwondo escolar de Pontevedra (Marín), A Coruña (A Coruña) e Lugo (Vilaba) nas modalidades de combate. Ademais, en Lugo celebrarase tamén a modalidade de Exhibición e no mes de maio terá lugar a fase provincial de combate e exhibición de Ourense. En total, máis de 315 deportistas e 50 árbitros participarán nestes torneos.

O sábado 26 celebraranse as probas provinciais de  combate de A Coruña (nas instalacións de Elviña, con 115 deportistas), Lugo (en Vilalba, con 30 taekwondistas), e a de Pontevedra (Marín, 172 inscritos).  Este campionato é das categorías alevín (nacidos nos anos 2002 e 2003) e infantil (nacidos nos anos 2000 e 2001). As e os deportistas competirán coas pertinentes proteccións, pero na categoría alevín non están permitidos os golpes á cabeza, co obxectivo fundamental de protexer a seguridade dos nenos e nenas.
A metade mellor clasificada dos deportistas lograrán a clasificación para a fase final, que se celebrará o 7 de xuño. Queda por disputar a proba de Ourense, que terá lugar o mes de maio nunha xornada dobre (combate e exhibición).

Exhibición. Ademais, hai que destacar que en Lugo celebrarase a fase provincial de Exhibición nas categorías infantil e cadete, coa participación de cinco equipos en representación da Escola Lucense, Moo Duk Kwan e Jansu. Cada equipo está composto por entre 6 e 9 integrantes. Na exhibición preséntase un programa coreográfico con música, na que se combinan  movementos, defensa persoal e acrobacias.

Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que se delega.

24 de abril de 2014 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.