Comeza en Cangas o XV Torneo de Primaveira de Tenis
Este sábado día 3 de maio dará comezo o XV Torneo de Primavera de Tenis organizado polo Club de Tenis Cangas en colaboración coa Fundación Cangas Deporte. O evento prolongarase ata o 15 de xuño, día no que se disputarán as finais.
Este torneo, no que competirán deportistas das categorías cadete júnior masculino e feminino e absoluta masculino, conta con dúas fases. A primeira será a de grupos que se xogará durante o mes de maio e a segunda a de eliminatoria que terá lugar no mes de xuño. Haberá un total de catro grupos, polo que cada xogador ten garantidos tres partidos, e pasaran á fase de eliminación aqueles que acaden os dous primeiros postos de cada grupo.
En total está previsto que un total de entre 50 e 60 deportistas participen nesta decimoquinta edición do Torneo de Primavera de Tenis.
As competicións celebraranse os venres pola tarde e os sábados e domingos durante toda a xornada nas pistas de Tenis de Rodeira.
Dende a organización esperan que o evento se desenvolva como en anteriores edicións e que a climatoloxía acompañe.











