Comeza en Cangas o proceso de pagamento do imposto sobre vehículos de tracción mecánica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Onte publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) a aprobación do Padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2014 que estará a exposición pública un prazo de 15 días a partir de hoxe, para presentar posibles alegacións.

O concello de Cangas informa de que tal e como se publica no BOPPO con data de onte, hoxe día 1 de abril comeza o prazo voluntario para o pagamento da taxa sobre os vehículos de tracción mecánica, que finalizará o día 2 de xuño. Esta taxa está autorizada ao amparo da Ordenanza Fiscal Municipal Reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica no termo municipal de Cangas correspondente ao exercicio 2014.

O pago de dita taxa deberá ser realizado nas Entidades Colaboradoras que figuran nos recibos de cobro. Estes recibos están a ser enviados por correo ordinario, desde esta semana, aos domicilios dos suxeitos pasivos que deberán aboar este imposto. No caso de ter domiciliado o pago, o recibo será enviado directamente á entidade bancaria correspondente.

Dende o concello infórmase de que  rto. pasivos que deber usuarios que deber recibos de cobro. estes a non recepción do recibo non exonera da obriga de pagamento. En caso de non recepción, destrución ou extravío do mesmo, dentro do período voluntario de ingreso, os contribuíntes terán que  dirixirse ás oficinas municipais para obter un duplicado.

1 de abril de 2014 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.