Comeza en Cambre a ampliación da Ponte do Burgo que beneficiarán a 100.000 veciños da Comarca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Comezan os traballos de ampliación da ponte do Burgo que terán unha duración de seis meses. A  obra tivo que volver ser licitada tras a rescisión do anterior contrato debido ao concurso de acredores no que entrou a empresa adxudicataria. As obras contan cun orzamento de medio millón de euros e permitirá aumentar nun os carrís sobre a ponte e as beirarrúas ao longo do viario, ademais do paso voado nun das marxes da ponte. O obxectivo será aumentar a capacidade de vehículos e mellorar a seguridade viaria nunha das estradas de maior tránsito da comarca. Procederase á execución dunha nova glorieta, que conectará a estrada AC-211 e a DP-1706, e sobre as que se colocará unha réplica exacta do actual Paraugas, que presentaba unha evidente deterioración estrutural. Segundo a Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas,  incrementarase a lonxitude prevista de rehabilitación do firme, na ponte e o ámbito de intersección do Paraugas, sen que afecte a propiedades privadas, e construiranse beirarrúas nas inmediacións da igrexa de Santiago do Burgo. As obras estímase que se realicen nun prazo de seis meses, e beneficiarán a preto de 100.000 habitantes dos municipios de Culleredo, Cambre e Oleiros.

Obras

En canto ás obras que comezaron, cabe destacar que a partir de hoxe o paso peonil que se atopa no termo municipal de Cambre no inicio da ponte suprimirase de forma definitiva polo que os peóns deberán cruzar polo paso de Casa Palmeiras e acceder pola ponte antiga até o concello de Culleredo.

9 de abril de 2014 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.