publicidade hoxe

Comeza a tomar forma o edificio que albergará o novo PAI de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

As obras do edificio que albergará o novo Punto de Atención á Infancia (PAI) de Touro avanzan a bo ritmo e o edifitio xa toma forma. Os traballos comezaron hai case dous meses  e pode apreciarse a estrutura que formará o PAI. O edificio, que irá encostado á Casa de Cultura de Touro, xa conta coa súa estrutura e cuberta. A obra estará finalizado no mes de agosto, segundo os prazos de execución previstos.

Copcisa, a empresa encargada de executar o proxecto, iniciou hai case dous meses as obras e finalizaraas, tal e como está previsto, a finais do mes de agosto. A construción do edificio, impulsado polo Consordio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, requirirá un investimento de 191.000 euros. O solar está situado nunha zona de servizos de Fonte Díaz. Alí están as piscinas, a residencia de maiores, a zona de autocaravanas, as pistas de deportes e o edificio que acollerá o novo centro social.

O alcalde confía en que o PAI poida comezar a funcionar e a recibir aos habitantes máis pequenos de Touro no curso 2013-2014. O novo edificio será de similares características á Casa de Cultura. Estará dotado de todos os servizos para acoller a 20 nenos e nenas. Terá un total de 252 metros cadrados construídos en planta baixa. E constará dunha aula e un espazo de usos múltiples. Tamén contará cunha zona de descanso e un patio exterior cuberto.

18 de abril de 2014 | 20:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.