publicidade hoxe

COGAMI organiza no IES Antela de Xinzo de Limia charlas de prevención de lesións medulares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXinzo de Limia
A-
A+

O luns, 7 de abril, ás 16:00  e ás 16:50 horas, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) imparte no IES Antela de Xinzo de Limia, dúas charlas de sensibilización para previr as lesións medulares.

Dirixida ao alumnado de 4º curso da ESO, as charlas van ser impartidas, durante 50 minutos, pola Traballadora Social da Federación Discafis-COGAMI de Ourense, Montse Vázquez, quen irá acompañada dun voluntario con mobilidade reducida, Félix Dacosta, que contará a súa propia experiencia vivida tras sufrir un accidente de coche e que, grazas a levar posto o cinto de seguridade, salvou a vida.

Temas como a descrición das secuelas da lesión, como asumir e superar ditas secuelas, a descrición de barreiras arquitectónicas e sociais,… van ser tratados coa finalidade de lograr que os rapaces e rapazas se decaten da importancia que ten a prevención para evitar situacións de risco que poden derivar en lesións graves.

Con estas charlas inténtase contribuír á paulatina redución dos índices de discapacidade adquirida na poboación en xeral, e entre a mocidade en particular. É unha actividade que desenvolve COGAMI e que está orientada cara a colexios, institutos, centros universitarios e centros laborais co obxectivo de concienciar aos grupos de risco –mocidade, deportistas, profesionais- sobre as situacións de perigo máis evidentes como poden ser os accidentes domésticos, as caídas, os mergullos en zonas perigosas e os hábitos de prevención.

 

4 de abril de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.