Clownic propón unha tarde “100% tricicle” en Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Auditorio acolle o domingo, 13 de abril, un silencioso espectáculo humorístico que promete desatar as gargalladas do público grazas aos mellores sketchs das creacións de Tricicle. A compañía Clownic, creada polo famoso trío catalán de mimos, será quen represente “110%Tricicle” un recolle os mellores momentos de Manicomic, Exit, Salastic, Terrorific, Entretrés ou Sit, espectáculos que xa forman parte do imaxinario colectivo. A función comeza ás 20:00 horas.

“100% Tricicle” preséntase coa garantía de arrancar ao público unha gargallada cada 10 segundos. O espectáculo conta coa dirección do trío catalán, aínda que serán os integrantes de Clownic: Eduard Méndez, Antonio del Valle e Jaume Ortanoba; os que encarnen os expresivos gags xestuais.

As entradas para “100% Tricicle” custan 14, 12 e 10 euros e están a venta a través da web http://www.servinova.come do teléfono 902 504 500. Tamén se poderán comprar na billeteira do Auditorio o día da función a partir das 18:00 horas.

12 de abril de 2014 | 20:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.