Clausura dos cursos de informática de Ribadumia nos que participaron 50 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

50 persoas remataron este martes os cursos de informática que organizou o Concello de Ribadumia e cos que achegou as novas tecnoloxías os veciños do Concello. As clases desenvolvéronse na aula de informática, na Casa da Cultura de Ribadumia, que conta con quince ordenadores e unhas instalacións totalmente adaptadas, equipadas e cómodas para o desenvolvemento destas accións formativas.

Os alumnos divididos en 3 grupos, 1 para nenos a partir de 6 anos e 2 grupos para os adultos, iniciáronse en xogos interactivos, axilidade mental, paquete office, mecanografía, alfabetización informática, un taller de procura de emprego a través das redes sociais e como elaborar un CV con Adobe photoshop.

As actividades formativas foron subvencionadas parcialmente polo Concello, de xeito que os alumnos só pagaron 5€/mes.

Estes cursos de informática inclúense dentro do proxecto da concellería de Cultura de achegar as novas tecnoloxías a toda a poboación de Ribadumia e ano tras ano acadan un éxito de participación. Segundo explica a edil, Susana Fandiño, “a informática é unha ferramenta imprescindible na nosa vida diaria, no noso traballo, na busca de emprego ou no colexio, independentemente da idade da persoa, e desde o Concello esperamos que os participes saquen o maior proveito dos coñecementos adquiridos”.

30 de abril de 2014 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.