publicidade hoxe

Clausura do obradoiro Ares-Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresFene
A-
A+
Clausura do obradoiro

Clausura do obradoiro

Hoxe tivo lugar  no Salón de Plenos do Concello de Fene a clausura do Obradoro Ares-Fene que durante 6 meses deu a 22 alumnos formación teórico-práctica sobre Operacións auxiliares de albanelaría de fábrica e  cuberta(13) e Actividades auxiliares de apoio ao buque en porto(9) .

Do total de alumnos 15 eran do Concello de Fene e 7 do Concello de Ares.

Na parte práctica  acometéronse actuacións en:

– Acceso ao parque de Fonte do Campo (Fene)
– Actuacións en parque público Casas do Castro(Fene)
– Actividades auxiliares e de apoio ao buque en porto (Ares)

Na clausura estiveron presentes o Alcalde de Fene, Gumersindo Galego, o primeiro Tenente de Alcalde de Ares, Eugenio Fernández, concelleiros  das dúas corporacións, ademais dos 22 alumnos, os cinco docentes do curso, a directora e unha funcionaria do centro INEM de Ferrol e  funcionarias de Ares e Fene desas áreas e aproveitouse para  proxectar un vídeo de 22 minutos con imaxes do desenvolvemento do curso e o estado final das actuacións.

No acto en primeiro lugar tomou a palabra o concelleiro da área en Fene, Juan Franco que aludiu a que para o seu concello era a sexta Escola Obradoiro da súa historia e a primeira conxunta con outro concello e aludiu á importancia de realizar actuacións entre varios concellos para lograr unha maior eficiencia no aproveitamento de recursos públicos.

A continuación Carmen Yañez, a directora deste obradoiro en representación dos docentes fixo referencia ao excelente rendemento dos 22 alumnos.

Tras iso entregáronse por parte de docentes e concelleiros das dúas corporacións diplomas a todos os  alumnos.

No tramo final da clausura Alma Barrón, a concelleira da área en Ares resaltou a importancia de iniciativas deste tipo e pechou o acto o Alcalde de Fene, Gumersindo Galego aludindo ao bo ambiente que lle transmitiron os docentes que se respirou nos 6 meses do curso e o completo que resultou o Obradoiro proporcionándolles a todos eles coñecementos teórico-prácticos que sen dúbida lles serán de gran utilidade no futuro.

 

30 de abril de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.