Cinco taekwondistas galegos participarán no Open de Alemaña esta fin de semana en Hamburgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes
A-
A+

Cinco taekwondistas galegos (Borja Ríos, Juan Fernández, Fernando Rascado, Katia Calvar e Lúa Piñeiro) estarán presentes esta fin de semana no Open de Alemaña, que se celebra en Hamburgo. Esta competición está recoñecida no calendario da Federación Mundial como de categoría G1 e outorga puntos para o ránking da WTF. No Open, das categorías júnior e cadete, están inscritos un total de 815 deportistas.

O equipo galego viaxou xa o luns en dirección a Nuremberg, xa que houbo unha invitación do Club Özer para adestrar nas súas instalacións e cos seus deportistas durante estes días. Así, no grupo tamén se atopan José Fernández e Francisco Padín, que se están a recuperar dunhas lesións e aínda non se atopan en condicións de competir, polo que non participarán no Open de Hamburgo.

Desta forma, adestraron durante estes días e mañá partirán para Hamburgo, onde lles espera unha competición dun nivel altísimo. Borja Ríos (-58), Juan Fernández (-63), Fernando Rascado (-80), Katia Calvar (-62) e Lúa Piñeiro (-67) buscarán sumar importantes puntos para o ranking mundial.

10 de abril de 2014 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.