Chega a Verín o programa ‘Cultura no Camiño’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Tres serán as iniciativas culturais e musicais que chegarán a Verín da man do programa ‘Cultura no Camiño’ (organizadas polo Concello de Verín e patrocinadas conxuntamente coa coa Consellería de Cultura a través deste programa) co obxecto de conmemorar o oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela, ademais de ofertar un calendario cultural e e de lecer aos/ás verinenses.

A primeira delas terá lugar o xoves 01 de maio, ás 12 horas, co espectáculo de teatro infantil Titiricircus na praza da Alameda. Para celebrar o 25 aniversario do mesmo,  a compañía Tanxarina Títeres traerá de novo a Verín este espectáculo de marionetas de fío e actores do que se levan realizado máis de 1000 funcións e que se presentou en festivais de referencia en América, África e Europa.

O xoves día 29 de maio levarase a cabo a segunda destas iniciativas musicais. A partir das 11 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Verín, Hércules Brass Quinteto de Metais presentará o seu espectáculo Os Superhércules, no que participará alumnado de primaria de diversos colexios da comarca de Verín.

E o programa ‘Cultura no Camiño’ finalizará en Verín coas actuacións do grupo funky coruñés Supersandwich e Comando Katana, grupo compostelano de rap. Será o sábado 26 de xullo, a partir das 24 horas, na praza García Barbón de Verín, e o mesmo está enmarcado dentro da programación da Batucada 2014.

28 de abril de 2014 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.