Charles, fractura dos ósos do nariz; Álex López, lesión en xemelgo esquerdo
O dianteiro do Real Club Celta Charles sufriu no partido de onte en Vallecas a fractura desprazada dos ósos propios do nariz, que foron colocados xusto tras o partido polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota. O ariete celeste será sometido a un TAC nas próximas horas. Pola súa banda, o centrocampista Álex López sufriu unha lesión muscular no seu xemelgo esquerdo que será avaliada mediante unha ecografía ao longo da xornada deste luns.
Ambos os xogadores están, por tanto, pendentes de probas e evolución para determinar o seu estado e a súa dispoñibilidade para o partido do próximo sábado en Balaídos ante a Real Sociedade.











