Charlas para mulleres xestantes en Nigrán
A Policía Local de Nigrán, en colaboración coas forzas de seguridade de Baiona e Gondomar e o centro de saúde da Xunqueira, organizou unha charla sobre Sistemas de Retención Infantil para mulleres gestantes, unha iniciativa que se enmarca dentro da programación de cursos preparto do centro de saúde da Ramallosa.
Esta charla, que na súa primeira edición participaron máis de 30 persoas da comarca, ten como obxectivo explicar ás futuras mamás e papás o correcto e eficiente uso dos distintos sistemas de retención infantil para os vehículos, como as sillitas de bebé e similares.
A vindeira charla coordinarase co centro de saúde, dentro do programa de actividades preparto de dita institución. Se algunha entidade veciñal, cultural ou educativa de Nigrán está interesado en impartir nas súas instalacións charlas de seguridade viaria, poden solicitalas a Policía Local de Nigrán a través do correo electrónico educacionvial@nigran.org.











