publicidade hoxe

Charla educativa en Pontecesures sobre os xuíces-árbitros no deporte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

Este próximo venres día 4 de abril, as 13:00 horas terá lugar na biblioteca do noso centro unha charla-coloquio co colexiado de primeira división de fútbol, Enrique José Ramos Ferreiros. Unha liña de promoción mais dentro do proxecto deportivo de centro.

A charla versará sobor da importancia que ten o xuíz árbitro como un educador mais no eido do desenvolvemento integral dos deportistas. Como, dun xeito coordinado deberían traballar ao unísono, os árbitros, monitores-adestradores e pais. Para conseguir que a través do deporte e da actividade física os nenos e nenas sexan educados de forma integral. O respeto e a educación en valores que lles debemos transmitir, parte sen dúbida do respecto e a educación que teñamos os adultos entre nos.

Debido a que no fútbol e onde adoecemos máis de boas condutas representativas, Enrique, baseado na súa experiencia tras pasar por tódalas categorías, intentará mostrarnos cal debe ser o camiño para avanzar entre todos os implicados, na educación integral.

3 de abril de 2014 | 10:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.