Charla de divulgación sobre mitoloxía e os axentes meteorolóxicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O próximo 25 de abril, ás 18:30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, haberá unha charla de divulgación científica organizada polo Concello de Oleiros a través da Rede Municipal de Bibliotecas. A charla está dirixida ao público en xeral maior de dez anos. O simposio, titulado Na procura dos deuses da idade do ferro. Da ciencia á fantasía con “vento e chuvia”, correrá a cargo de Manuel Gago Mariño e Soledad Felloza. Manuel Gago Mariño é profesor da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias da Comunicación. Director de culturagalega.org, portal de divulgación do Consello da Cultura Galega. Soledad Felloza é contadora de contos, actriz e fotógrafa.

22 de abril de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.