publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cerdido conmemora o Día do Libro entregando os premios do XIV concurso de contos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O concello de Cerdido celebrará mañá, día 23 de abril, o día internacional do libro coa entrega de premios do XIV concurso de contos de Cerdido. A acta cos nomes dos gañadores coñecerase mañá nun acto que terá lugar ás 12 horas no CEIP da Barqueira. En total haberá un total de 6 contos premiados, un por cada categoría de idade así como un agasallo especial para o grupo de infantil do centro que presentou un conto realizado conxuntamente polos rapaces de 3, 4 e 5 anos matriculados no centro. Os premios consisten nun lote de libros, xa que con esta actividade, o concello pretende fomentar o libro e a lectura entre os máis novos.

22 de abril de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.