Cerdido acolle a XXII Feira do Cabalo
O Concello de Cerdido acolle o 6 de abril a Feira da Barqueira, a XXII Feira do Cabalo.
Contará con trofeos aos mellores animais da feira:
- mellor poldro (menor de 3 anos)
- mellor poldro deste ano
- mellor semental
- mellor egua con cria
- mellor cabalo ou egua de silla
- mellor percheron ou raza similar
E tamén trofeos para os mellores na competición nas seguintes categorías:
- andadura serrada
- andadura de trotóns
- andadura chapeada
- trote do cabalo do pais
- trote de trotóns
As decisións do xurado son inapelables. Os cabalos teñen que estar debidamente legalizados. As competicións celebraranse pola tarde.